Política Social Europea e Inclusión Social

Proxecto de investigación Muller Rural

Proxecto de investigación Muller Rural

Benvidas e benvidos a este espazo no que exporemos o traballo no proxecto de investigación “Inclusión Socio-Laboral da Muller no entorno Rural de Galicia a través da Alfabetización Dixital” que levamos a cabo na Universidade da Coruña o fin de achegar os avances da investigación e favorecer a participación das persoas interesadas nesta temática

Ler máis

Inauguración

COMENZA EN SADA A II EDICIÓN DO CURSO DE VERÁN DA UDC POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: BOAS PRÁCTICAS E SERVIZOS DE CALIDADE

  Hoxe inaugurouse na Casa da Cultura de Sada a II Edición do Curso de Verán da Universidade da Coruña POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: Boas prácticas e Servizos de Calidade. Nesta inauguración estiveron presentes Luis Caparros, Vicerreitor da Universidade da Coruña, Natalia Cimadevila García, Secretaria do Servizo Galego de Igualdade, Raquel Bolaño, Concelleira de Cultura do Concello de Sada, e os directores do curso de verán e profesores da Universidade da Coruña Mª Isabel Novo Corti (Análise Económica) e Manoel Baña Castro (Psicoloxía Evolutiva).

Ler máis
Curso de verán 2010

Curso de verán 2010

O curso de verán 2010 organizado pola Universidade da Coruña celebraráse na Casa da Cultura de Sada do 19 ao 22 de Xullo.
Ver programa en formato pdf.
Ver díptico en formato pdf.
Ver cartel do curso en formato pdf.

Ler máis