COMENZA EN SADA A II EDICIÓN DO CURSO DE VERÁN DA UDC POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: BOAS PRÁCTICAS E SERVIZOS DE CALIDADE

Correo-e Imprimir PDF

 Inauguración Hoxe inaugurouse na Casa da Cultura de Sada a II Edición do Curso de Verán da Universidade da Coruña POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: Boas prácticas e Servizos de Calidade. Nesta inauguración estiveron presentes Luis Caparros, Vicerreitor da Universidade da Coruña, Natalia Cimadevila García, Secretaria do Servizo Galego de Igualdade, Raquel Bolaño, Concelleira de Cultura do Concello de Sada, e os directores do curso de verán e profesores da Universidade da Coruña Mª Isabel Novo Corti (Análise Económica) e Manoel Baña Castro (Psicoloxía Evolutiva).

 Todos eles coincidiron co compromiso que todas a sociedades teñen na inclusión de todos e cada un dos colectivos en risco de exclusión, o vicerreitor sinalou que este curso de verán e un medio de transmisión de coñecemento dende a universidade á sociedade, e que cumple unha das tarefas importantes que a Universidade da Coruña ten, como entidade pública comprometida e insertada no tecido social no seu ámbito territorial, a Secretaria do Servizo Galego de Igualdade, pola sua parte, suliñou que a perspectiva de xénero é un dos aspectos claves nos enfoques das políticas públicas, de xeito transversal, así como a importancia que a educación ten para acadar este obxectivo. A concelleira de Educación do Concello de Sada, amosou a sua satisfacción por seren precisamente Sada o lugar onde comenzou a andadura este curso de verán que, na súa segunda edición, goza dun gran recoñecemento e prestixio, deu parabens aos directores do curso por esta iniciativa.

 Os directores do curso de Verán expricaron os obxectivos do curso, que este ano se centra nas boas prácticas e servizos de calidade e avaliaron a situación actual da inclusión a nivel galego, nacional e internacional.

 Hoxe participarán, ao longo do día, profesionais de recoñecido prestixio e membros de plataformas de acción social e asociacións con importante arraigo social, como Javier Tamarit Cuadrado (Director do Servizo de Calidade de FEAPS (Federación de Organizacións en favor de Persoas con Discapacidade Intelectual), Madrid. Mentxu Martínez y Boo (Licenciada en Dereito. Relacionada co ámbito da Discapacidade e Menores), Beatriz López González Psicóloga e Logopeda (DISMACOR), Patricia Cristobal Alonso (Socióloga. Técnica do Equipo de Valoración da Dependencia. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia), Lucía Pérez Pérez. Traballadora do Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro LIMCO Sociedade Cooperativa Galega de Integración Social), Manuel García Nieto (Presidente Discapacitados das Mariñas Coruñesas (DISMACOR)), María Dorinda Mato Vázquez (Orientadora Calasancias. Profesora da Universidade da Coruña), Laura Escribano Burgos (Logopeda da Asociación para o apoio escolar, familiar e individual (ALANDA). Madrid), Dina García Leiras (Psicóloga (Orientadora de CEIP; APNED de Lugo)), Sara Pellón Domínguez (Responsable Dpto. Recursos Humanos, ITC Grupo de Empresas . Inclusión Integral), Sainza Ramos López (Licenciada en Psicopedagoga. Asociación de Pais de Nenos con Discapacidade APNED de Lugo).

 A xornada rematará cun obradoiro de teatro inclusivo relacionado coas mulleres rurais, sociedade e familia, a cargo da compañía municipal de Teatro de Sada: "O extraño velorio de Paulo Couto" .

 
 
 
 

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial del sitio ya se han establecido. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto cookies de este sitio web.

Aviso legal